RGPD - Cookies
Galicia

Non chega xa ao 25% o número de parellas que se casan polo rito católico en Galicia

A voda que vale é a civil. Iso é o que pensan a maioría das parellas galegas que deciden casar, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e que indican que o ano pasado só  o 24% dos casamentos celebrados en Galicia foi polo rito católico, fronte ao 74% que foi polo civil e o 2% seguindo outras crenzas ou costumes.

Estas porcentaxes son xustamente as contrarias que ao principio deste século, cando o 77% das vodas se facían seguindo o rito católico fronte a un 23% das parellas que elixían ir ao xulgado.

Daquela o número e matrimonios realizados polos cregos superaba os 9.000, hoxe apenas chegan aos 2.000, un número que, de seguir esta tendencia pasará a ser da cuarta parte antes da metade da vindeira década.

También te puede interesar