Comarcas Vigo al minuto

O Corredor do Morrazo volve a cortarse ao tráfico o vindeiro martes, día 27, de 10 da mañá a 1 da tarde

O Corredor do Morrazo rexistrará este martes, día 27, un corte de tráfico, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde, “coa fin de realizar voaduras no tramo II para seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía”, segundo informa o Goberno de Galicia.

Este peche ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

A autovía do Morrazo “é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución”, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación.

También te puede interesar