RGPD - Cookies
Comarcas

Roi Casal, en concerto este venres, día 23 no Porriño co seu espectáculo ‘Son Galego, Son Cubano’

Este venres, 23 de xuño, o músico Roi Casal presentará o seu espectáculo Son Galego, Son Cubano en O Porriño. O concerto, que está organizado coa colaboración do Concello do Porriño, terá lugar no IES Pino Manso-co gallo do seu 50 aniversario- a partires das 8 da tarde. A entrada é libre.

Son galego, Son cubano, o gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana -Palacio do Centro Galego- no mes de maio de 2016 con dous memorables concertos.

Un show inesquecible, con letras de Neira Vilas, e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous paises, que foi visto en directo por máis de 50.000 persoas na xira de 2016.

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio escritor e á emigración galega en Cuba, onde Neira Vilas residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

También te puede interesar