Ciencia y Tecnología Galicia

O Goberno de Galicia prohibe toda queima agrícola e forestal dende a medianoite deste mércores

A Consellería do Medio Rural informa de que dende as 00:00 h. deste mércores quedan prohibidas, en toda Galicia,  as queimas de restos agrícolas e forestais. Nun comunicado, o departamento que dirixe  Ángeles Vázquez subliña que esta decisión abrangue, tamén, aos permisos que xa foron concedidos posto que  as autorizacións de queima xa non valen dende a entrada en vigor desta prohibición.

O Goberno de Galicia, que tomou esta decisión á vista das actuáis condicións meteorolóxicas e da situación do Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI), pide a colaboración dos cidadáns e que  denuncien calquera actividade delictiva da que teñan coñecemento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.