'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Cortes de tráfico no Corredor do Morrazo o luns, martes e mércores que ven, días 19, 20 e 21 de xuño

O corredor do Morrazo rexistrará a vindeira semana varios cortes de tráfico co fin de realizar voaduras e outros traballos no tramo II, para “seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía”. Este peche, indica o Goberno de Galicia, responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

A primeira das modificacións no tráfico terá lugar o luns-día 19- e o martes-día 20- no tramo final do corredor, desde o enlace de Cangas, punto quilométrico 11+400, ata o final do Corredor, Pq. 15, para levar a cabo o repintado no lugar onde se fixo unha rehabilitación localizada do firme, neste caso, será necesario cortar ao tráfico un dos carrís, dando tráfico alternativo. Os cortes terá lugar o luns 19, entre as 9 da mañá e as 8 da tarde e o martes, día 20, no mesmo horario.

Por outra banda, o mércores, día 21, levarase a cabo, de 10 da mañá a 1 da tarde, para a realización de voaduras nos tramos I e II, para isto é necesario pechar o tramo ao tráfico.

También te puede interesar