Vigo al día

110 profesionais atenden xa o servizo municipal de limpeza, salvamento, socorrismo e acción policial nas praias de Vigo

O servizo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria, que conta con 65 profesionais, está presente dende hoxe en dez areais: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

Ademais, tamén comeza a funcionar este xoves, día 15 dde xuño, a Unidade de Costa e Praia da Policía Local que, dixo o alcalde, presta un “servizo excepcional con gran satisfacción por parte da cidadanía” e que está conformado por 16 axentes que percorren os areais vigueses de forma permanente.

O Concello reforza a acción nas Illas Cíes durante as noites das fins de semana, de maneira que haberá un servizo de vixilancia permanente de entre 4 e 6 efectivos, tamén de noite, amais das accións de socorrismo e salvamento.

A estes profesionais, cómpre sumarlle os 19 operarios de limpeza dos areais de forma continuada e os socorristas das piscinas municipais, ata un total de 110 persoas dedicadas a prestar servizo á cidadanía que acode ás praias e que “actúan de forma permanente”.

Quioscos de praia

Abel Caballero deu conta tamén a aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local da proposta de adxudicación das autorizacións municipais para a ocupación, instalación e explotación de nove quioscos nas praias municipais nos areais de Santa Baia (Alcabre), Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao e Etea. Os dous que quedaron desertos sairán a concurso novamente.

También te puede interesar