Vigo al día

Protesta de delegados do Naval en Vigo para denunciar os incumprimentos do convenio

Máis de medio cento de delegados sindicais da CIG desenvolveron hoxe unha concentración diante da Inspección de Traballo en Vigo, de 11:30 a 12:30 horas, para denunciar a inacción da autoridade laboral fronte aos incumprimentos do convenio do naval, o que está a provocar un “incremento da explotación e da precariedade no sector, e a falta de implicación da Xunta na grave crise que padece unha industria estratéxica para o país e fundamental para a comarca”.

Dende a CIG-Industria explican que o naval, un dos sectores económicos “máis importantes da economía galega e prioritario na comarca de Vigo”, leva 6 anos de “parálise na contratación” pola falta de compromiso político das distintas Administracións no que atinxe á defensa dos sectores produtivos galegos ante a Unión Europa, mais tamén pola falta dun plan industrial específico.

Segundo denuncian, esta situación agravouse pola “mala xestión dalgúns estaleiros, que levou á destrución de máis de 100 empresas e 10.000 postos de traballo”, entre elas moitas das históricas e coa estrutura necesaria para poder liderar unha futura recuperación do sector. Ademais, a alertan que a desregulación actual compromete o futuro das poucas que lograron resistir.

Lembran que nos anos anteriores á crise, cunha alta carga de traballo, os empregados  foron quen de converter o convenio do sector nun referente a nivel estatal. “Non nos regalaron nada, todo se logrou a base de loita, a loita lexítima da nosa clase para alcanzar as mellores condicións salariais e de traballo”.

Neste senso, o responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, César Rodríguez, criticou o feito de que agora, cando se visualiza unha tímida recuperación do sector logo de tocar fondo, pretenden precarizar estas condicións de traballo até niveis “de escravitude”, chegando a cobrar un “imposto revolucionarios ao traballo” por parte dalgunhas “mal chamadas” empresas; o “incumprimento do convenio é maioritario, facéndolle unha competencia desleal ás poucas compañías que entenden a necesidade da regulación para garantir a estabilidade e o futuro do sector”.

También te puede interesar