Destacados Vigo al minuto

@abelcaballero invita a todos os vigueses a acudir ao concerto da Coral Casablanca o mércores para esixir o AVE por Cerdedo

O alcalde reiterou este luns a súa convocatoria para que toda a cidade acuda ao concerto reivindicativo que a Coral Casablanca ofrecerá o mércores 14 de xuño, ás 8 e media da tarde na Porta do Sol, para conseguir o AVE directo por Cerdedo.

“Non queremos que sexa un vello tren do século XIX que vaia por Santiago”, dixo Abel Caballero quen subliñou que o Goberno de Galicia e o Goberno de España aqueren que os vigueses vaian a Madrid a través de Santiago.

O alcalde cre que Vigo o vai conseguir, “porque esta cidade consegue todo o que se propón” e porque “non podemos ser a única gran cidade de España sen AVE”.

Caballero lembrou que Vigo xa se mobilizou para defender o Partido xudicial e por primeira vez na historia un goberno con maioría absoluta retirou unha lei do Parlamento español; tamén defendeu o seu aeroporto e o mesmo vai ocorrer co AVE porque “non podemos tolerar quedarnos fora das redes de alta velocidade de Europa”.

También te puede interesar