Destacados Vigo al minuto

@abelcaballero invita a todos os vigueses a acudir ao concerto da Coral Casablanca o mércores para esixir o AVE por Cerdedo

O alcalde reiterou este luns a súa convocatoria para que toda a cidade acuda ao concerto reivindicativo que a Coral Casablanca ofrecerá o mércores 14 de xuño, ás 8 e media da tarde na Porta do Sol, para conseguir o AVE directo por Cerdedo.

«Non queremos que sexa un vello tren do século XIX que vaia por Santiago», dixo Abel Caballero quen subliñou que o Goberno de Galicia e o Goberno de España aqueren que os vigueses vaian a Madrid a través de Santiago.

O alcalde cre que Vigo o vai conseguir, «porque esta cidade consegue todo o que se propón» e porque “non podemos ser a única gran cidade de España sen AVE”.

Caballero lembrou que Vigo xa se mobilizou para defender o Partido xudicial e por primeira vez na historia un goberno con maioría absoluta retirou unha lei do Parlamento español; tamén defendeu o seu aeroporto e o mesmo vai ocorrer co AVE porque «non podemos tolerar quedarnos fora das redes de alta velocidade de Europa».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.