Cultura Vigo al minuto

Pretenders, Uxía e Roger Hodson, líder de ‘Supertrump’, en Vigo para que as Cíes sexan Patrimonio da Humanidade

Seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes-con actuacións en Castrelos e no Auditorio Mar de Vigo- durante as festas de verán da cidade. O alcalde explicou que con esta nova proposta “queremos seguir consolidando un gran evento musical en Vigo, como un festival de referencia para actuacións exclusivas e citas con grandes artistas internacionais”.

‘The Pretenders’ abrirá o mesmo, o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A banda liderada por Chrissie Hynde, presentará o seu disco “Alone” tras oito anos de silencio; a segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de “Uxía e a Real Filharmonía de Galicia”, a artista repasará os seus 35 anos de carreira, acompañada polos músicos da orquestra. Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de ‘Supertramp’ tocará o 14 de agosto  tamén no Auditorio Mar de Vigo.

Como subliñou Abel Caballero, o festival “é unha acción máis de promoción da candidatura do arquipélago como Patrimonio da Humanidade”.

También te puede interesar