Cultura Vigo al minuto

Pretenders, Uxía e Roger Hodson, líder de ‘Supertrump’, en Vigo para que as Cíes sexan Patrimonio da Humanidade

Seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes-con actuacións en Castrelos e no Auditorio Mar de Vigo- durante as festas de verán da cidade. O alcalde explicou que con esta nova proposta «queremos seguir consolidando un gran evento musical en Vigo, como un festival de referencia para actuacións exclusivas e citas con grandes artistas internacionais».

‘The Pretenders’ abrirá o mesmo, o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A banda liderada por Chrissie Hynde, presentará o seu disco «Alone» tras oito anos de silencio; a segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de «Uxía e a Real Filharmonía de Galicia», a artista repasará os seus 35 anos de carreira, acompañada polos músicos da orquestra. Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de ‘Supertramp’ tocará o 14 de agosto  tamén no Auditorio Mar de Vigo.

Como subliñou Abel Caballero, o festival “é unha acción máis de promoción da candidatura do arquipélago como Patrimonio da Humanidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.