Vigo al minuto

O Concello adxudica 667 prazas para aprender inglés no estranxeiro e 620 para as escolas infantis

O Goberno Local aprobou este xoves as listas definitivas de adxudicación, espera e denegación da convocatoria para alumnado de 3º de ESO, de prazas para o programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés 2017″ co que 667 estudantes vigueses poderán aprender o idioma cunha estadía de tres semanas.

O alcalde sinalou informou de que 50 alumnos quedaron en lista de espera, dos que unha parte terá resposta positiva polas baixas que adoitan producirse no proceso, e apuntou que non descarta facer unha convocatoria para os excluídos en convocatorias anteriores aínda que sexa “tecnicamente difícil”.

Abel Caballero cualificou este programa como un dos “grandes éxitos da cidade” sendo unha cifra que “non ten ningún país de Europa”: á mesma, engadiu,  súmanse outras cen prazas para alumnado da Escola Oficial de Idiomas, ascendendo o programa a un total de 677 cun investimento de 1.655.300€.

Prazas das escolas infantís

A Xunta de Goberno tamén aprobou a lista definitiva de adxudicación das prazas e listas de espera para as Escolas Infantís Municipais do curso 2017/2018. Son 620 prazas nos oito centros: Costeira-Saiáns (72), Bouzas (80), Tomás Alonso (78), Santa Marta-Casco Vello (72), Atalaia-Teis (82), Santa Cristina-Lavadores (76), Mestres Goldar-Castrelos (78) e Navia (82).

O alcalde salientou que o Goberno local adica  1,7 millóns de euros de euros a este fin; 210.000€ a cada escola infantil, “o que nos permite facelo a uns prezos moi reducidos”, sendo o custo máximo de 120€, “a metade das taxas da Xunta”, que situou en 243€  mensuais.

Ademais, expuxo a exención de pagamento das familias con renda per cápita inferior a 327€ e, no caso das numerosas, ata 512€ por unidade familiar, subiñando que, a metade dos usuarios pagan cero euros. Pola contra, sinalou, a Xunta “vén de subir os prezos un 3,2%” polo que lle reclamou que os baixe ata situalos nas mesmas condicións que as municipais.

También te puede interesar