'Qué te cuentas?'

Condenada a pagar os 320.580€ que cobrou cun décimo da Lotería de Nadal que atopou e non devolveu á súa propietaria

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo ven de condenar, por un delito de apropiación indebida, á muller acusada de cobrar un décimo da Lotería de Nadal do ano 2014 que resultou agraciado co primeiro premio.

Segundo indica o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na sentenza considérase probado que a acusada se atopou o décimo e, unha vez comprobou que estaba premiado, borrou unha inscrición a lapis que a súa lexítima propietaria fixera na parte posterior do boleto antes de presentalo ao cobro nunha oficina bancaria.

O maxistrado a condena ao pago dunha multa de 1.080€  e a indemnizar á denunciante en 320.580€, a cantidade que percibiu polo premio unha vez deducidos os impostos legais. A sentenza non é firme e contra a mesma cabe recurso ante a Audiencia Provincial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.