Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

‘Cinema e Muller’, impulsado por @depo_es, distinguido por promocionar a igualdade de xénero

“Cinema e Muller” o proxecto da Deputación de Pontevedra que nasceu para  visibilizar o papel da muller creadora de cinema e fomentar a súa maior participación na cultura e arte, foi escollido pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia para a Mención Especial dos II Premios CREA á promoción da igualdade de xénero.

O xurado salienta do proxecto premiado “a visibilización  que fai das mulleres directoras, por tecer redes entre elas, e ó traballo de difusión  e de rescate dunha realidade en penumbra”

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción por este novo premio a “Cinema e Muller”, que se suma aos obtidos en festivais de cinema independentes e que contribúe a promover a alta capacidade e imaxinación das creadoras audiovisuais da provincia de Pontevedra. “Estamos moi  felices polo recoñecemento que supón este premio,  aínda que a verdadeira ledicia é poder visibilizar o talento feminino que en Galicia é espectacular. Noraboa ás Comisarias e as magníficas directoras que participaron no proxecto. O premio é seu”

“Cinema e Muller”, proxecto, dirixido por Xisela Franco e producida por Beli Martínez, ten por obxectivo promover dende a investigación e a teoría ata a produción de cinema (coa película “Visións”), un mapeamento de realizadoras da provincia de Pontevedra, máis de 70 creadoras, charlas sobre cinema e feminismo, mostras de cinema experimental ou concertos.

También te puede interesar