Vigo al día

Dende este venres a circulación de coches quedará prohibida no Casco Vello de Bouzas

O alcalde anunciou hoxe que este venres, 9 de xuño, a partir das 10 da mañá,, comezará a peonalización do Casco Vello de Bouzas. “É unha zona histórica dunha importancia capital na cidade e queremos que sexa tratada como zona peonil”, destacou.

A peonalización abranguerá toda a zona, desde as rúas Ferreiros e Pazo, a Praza da Vila ata a ligazón con Eduardo Cabello e todas as demáis ruas ata a igrexa. A rúa Ferreiros poderá descenderse para entrar en Casiano Martínez, pero estará sinalizado que non ten saída.

O resto da zona estará peonalizada pero terá acceso permitido aos residentes e a carga e descarga de 8 a 11 horas. “Ambas zonas serán semipeonalizadas, o que significa límite de velocidade de 30 quilómetros hora e preferencia a peóns”, sinalou Abel Caballero, quen engadiu que esta franxa horaria podería ampliarse no caso de ser preciso.

O aparcadoiro estará prohibido en todo o Casco Vello de Bouzas, “son poucas as prazas eliminadas, tan só unha decena, pero é un efecto importante para facer da zona un lugar de encontro; creo que é unha magnífica noticia para a cidade, para Bouzas e para o Casco Vello”, finalizou.

También te puede interesar