Vigo al minuto

Dende este venres a circulación de coches quedará prohibida no Casco Vello de Bouzas

O alcalde anunciou hoxe que este venres, 9 de xuño, a partir das 10 da mañá,, comezará a peonalización do Casco Vello de Bouzas. «É unha zona histórica dunha importancia capital na cidade e queremos que sexa tratada como zona peonil», destacou.

A peonalización abranguerá toda a zona, desde as rúas Ferreiros e Pazo, a Praza da Vila ata a ligazón con Eduardo Cabello e todas as demáis ruas ata a igrexa. A rúa Ferreiros poderá descenderse para entrar en Casiano Martínez, pero estará sinalizado que non ten saída.

O resto da zona estará peonalizada pero terá acceso permitido aos residentes e a carga e descarga de 8 a 11 horas. «Ambas zonas serán semipeonalizadas, o que significa límite de velocidade de 30 quilómetros hora e preferencia a peóns», sinalou Abel Caballero, quen engadiu que esta franxa horaria podería ampliarse no caso de ser preciso.

O aparcadoiro estará prohibido en todo o Casco Vello de Bouzas, «son poucas as prazas eliminadas, tan só unha decena, pero é un efecto importante para facer da zona un lugar de encontro; creo que é unha magnífica noticia para a cidade, para Bouzas e para o Casco Vello», finalizou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.