Galicia

@Xunta aproba ao ‘bono alugueiro’ para a viguesa Leticia Chantada e os seus fillos afectados por un desafiuzamento

A Xunta aprobou este venres o Bono de Alugueiro Social para a viguesa Leticia Chantada, nai de dous fillos, afectada por un desafiuzamento.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo tivo coñecemento do caso o martes día 30 a última hora da mañá, indicando aos afectados a posibilidade de solicitar o Bono de Alugueiro Social e comunicando o caso á consellería de Política Social para que solicitase o aprazamento do lanzamento.

A solicitude do Bono de Alugueiro Social foi presentada no IGVS o mércores e so dous días despois xa foi aprobada a concesión do mesmo, unha vez comprobada a documentación e tramitada a solicitude.

A Xunta fai un chamamento a todos os afectados por desafiuzamentos e ás organizacións sociais para que se poñan en contacto coa administración o antes posible, sen agardar ao último momento, para que o Goberno de Galicia “poida ofrecer unha resposta eficaz dentro das 12 medidas para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda”.

También te puede interesar