@depo_es pon en marcha ‘Practicum Depo’ que facilitará que alumnos e profesores de FP amplíen coñecementos en Europa

A presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou este venres en rolda de prensa que  poñerá en marcha un novo programa “Practicum Depo” para a mobilidade de estudantes de formación provincial co que a institución provincial vai xestionar 8,5 millóns de euros de fondos europeos para distintos proxectos.

Carmela Silva subliñou que a Deputación acaba de recibir a aprobación, de case 900.000€ para o “Practicum Depo” de 2017, co que vanse poñer en marcha 93 novas mobilidades que permitirán que alumnado e profesorado de 33 centros educativos de formación profesional poidan coñecer as prácticas realizadas noutros países de Europa.

Estas mobilidades comezarán en xuño. Teñen que estar rematadas en maio de 2019 e pódense realizar en Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Finlandia e os Países Baixos. En concreto serán 81 alumnas e alumnos tituladas nun grao medio os que poderán facer prácticas cunha duración de 6 meses en estes países.

Silva lembrou que ate de agora a Deputación xestionaba catro proxectos por valor de 7,6 millóns de  euros de inversión na provincia de Pontevedra. Trátase de 2,5 millóns de euros para o proxecto “IN 4.0” que pretende impulsar a dinamización e competitividade da industria naval da provincia transformando o seu tipo de modelo nun negocio 4.0. Os proxectos “Smart Miño”, por preto dun millón euros, para estratexias de cooperación intelixente no Miño Transfronteirizo e o “Visit Río Minho”, con 2 millóns de euros de orzamento, para a preservación e valorización do río Miño Transfronteirizo. E o programa “ESTRAEE”, un proxecto cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros para impulsar unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos.

También te puede interesar