Cultura Vigo al minuto

@crystalfighters súmanse ás Festas de Verán de Vigo

A programación das Festas de Verán de Vigo incorporan unha nova cita musical no mes de agosto: o xoves día 3 a banda de música indie e electrónica Crystal Fighters’ amosará o espectáculo da súa nova xira no Auditorio ao aire libre de Castrelos.

O alcalde anunciou este venres a actuación e subliñou a calidade musical do grupo nacido en Londres no ano 2007, apuntando que formarán parte do cartel das “mellores festas que se fIxeron en Vigo na historia”. Crystal Fighters súmase aos concertos de Miguel Bosé o 25 de xullo e de Carlos Vives o 27 de xullo, dúas citas que tamén forman parte das Festas de verán da cidade.

También te puede interesar