'Qué te cuentas?' Vigo al día

PSA terá que pagar á CUT 50.000€ por vulnerar o seu dereito á folga en Vigo o pasado mes de maio de 2015

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de estimar o recurso interposto polo sindicato CUT e por traballadores da factoría de Vigo de PSA Peugeot Citroën , e estima que a multinacional vulnerou o seu dereio á folga, polo cal a condena a pagar 50.000€ ao sindicato e a devolver aos traballadores a parte que lles destraera da nómina polos días que estiveron en folga en maio de 2015.

Daquela PSA advertirá á central e aos traballadores que os paros eran abusivos-coincidían coa visita a Vigo do presidente do Grupo PSA-pero non acudiu ao xulgado para promover un ‘conflicto colectivo’, como sinala a lei. Ainda así, os paros parciais, nos que participaran uns 200 traballadores, seguiu adiante.

A CUT denunciara que Citroën subsstituira a estes empregados que estaban en folga e o Xulgado do Social déralle á razón á empresa cando un grupo de empregados esixira  a devolución dos cartos que se lles retiraran da nónima.

O TSXG entende que os paros non foron ilegais dado que PSA non interpuxera demanda algunha solicitando a declaración de conflicto colectivo.

También te puede interesar