Vigo al día

@abelcaballero lamenta o retraso da variante do AVE por Cerdedo aprobado cos votos de PP e Ciudadanos

O alcalde lamentou a decisión do Congreso dos Deputados de aceptar unha emenda orzamentaria que atrasa ata 2025 a finalización a variante do AVE por Cerdedo. Nesa proposta adiántanse outros tramos de toda España, mentres que “a conexión de Vigo postérgase dous anos máis, pasando a data de finalización de 2023 a 2025”.

A proposta de Foro Asturias, no Congreso dos Deputados aprobouse una emenda que modifica as datas de finalización de diversos tramos de alta velocidade en toda España. Co apoio do PP e de Ciudadanos, saíu adiante unha proposta que adianta a data de finalización dos seguintes proxectos de Adif-Alta velocidade: Levante; Murcia-Almería; Bobadilla-Granada; Madrid-Extremadura; Olmedo-Lubián-Ourense; e, por último, atrasa dous anos a variante Ourense-Vigo por Cerdedo, que pasa de 2023 a 2025.

O rexedor lamentou que a única liña maltratada sexa a conexión por Vigo, insistindo en que “o que demostra é que non o queren facer porque xa o colocan a 8 anos vista”. Na súa opinión, esta decisión “supón menosprezar esta variante e, unha vez máis, evidencia a falta de compromiso do PP con este territorio”.

También te puede interesar