Vigo al minuto

@abelcaballero lamenta o retraso da variante do AVE por Cerdedo aprobado cos votos de PP e Ciudadanos

O alcalde lamentou a decisión do Congreso dos Deputados de aceptar unha emenda orzamentaria que atrasa ata 2025 a finalización a variante do AVE por Cerdedo. Nesa proposta adiántanse outros tramos de toda España, mentres que «a conexión de Vigo postérgase dous anos máis, pasando a data de finalización de 2023 a 2025».

A proposta de Foro Asturias, no Congreso dos Deputados aprobouse una emenda que modifica as datas de finalización de diversos tramos de alta velocidade en toda España. Co apoio do PP e de Ciudadanos, saíu adiante unha proposta que adianta a data de finalización dos seguintes proxectos de Adif-Alta velocidade: Levante; Murcia-Almería; Bobadilla-Granada; Madrid-Extremadura; Olmedo-Lubián-Ourense; e, por último, atrasa dous anos a variante Ourense-Vigo por Cerdedo, que pasa de 2023 a 2025.

O rexedor lamentou que a única liña maltratada sexa a conexión por Vigo, insistindo en que «o que demostra é que non o queren facer porque xa o colocan a 8 anos vista». Na súa opinión, esta decisión «supón menosprezar esta variante e, unha vez máis, evidencia a falta de compromiso do PP con este territorio».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.