Vigo al minuto

Alumnos de Arte do Politécnico de Vigo, crean a nova imaxe da ANPA

Preto de 70 alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Artes do Instituto Politécnico de Vigo, coa axuda e a orientación dos profesores do Departamento de Deseño, veñen de desarrollar conxuntamente un proxecto que tiña coma obxectivo a creación  da nova imaxe da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do centro.

Durante semanas estudantes e profesores foron desenvolvendo diferentes propostas e finalmente decidiron optar pola idea presentada por Antía Mera, Samuel Romero e Breogán Torres.

A mesma ten coma base a cor azul que, “combinado co branco calado” quería representar parte da historia e a personalidade do lugar onde está o Politécnico, e do propio centro, “moi vencellado ao mundo do mar”. Asemade, escolleron unha tipografía que “transmitise tranquilidade e simbolizar a unión entre as nais e país, alumnos, profesores e o mesmo Politécnico”.

O resultado é un logotipo que veñen de ceder á ANPA para que o empregue nas súas comunicacións, coma ’marca’ da Asociación, representación ou ‘avatar’ nos seus distintos perfís nas Redes ou mesmo en material de ‘merchandising’, coma cadernos, camisetas ou cuncas.

Polo seu traballo, estes tres alumnos recibiron da ANPA 120€- 40€ para cada un- en material de deseño.

También te puede interesar