'Qué te cuentas?'

O ex presidente Albor, que está a piques de cumprir 100 anos, renuncia a seguir no Consello Consultivo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a renuncia do ex presidente do Goberno galego Gerardo Fernández Albor á súa condición de membro  nato do Consello Consultivo de Galicia.  A renuncia, por motivos persoais, foi aceptada polo presidente do órgano consultivo, José Luis Costa Pillado.

O ex presidente Albor, que está a piques de cumprir 100 anos- naceu en Compostela en setembro de 1917– estivo á fronte do Goberno de Galicia dende 1982 a 1987 e en 2007 entrou a forma parte do Consello Consultivo, logo da reforma deste organismo e do estatus dos ex mandatarios do Goberno.

También te puede interesar