Vigo al minuto

Ás 12 da noite ábrese o prazo de presentación de solicitudes para os Campamentos de Verán do Concello

Desde as 00:00 h. deste sábado, 20 de maio, como sinalou este venres o alcalde, ábrase o prazo de presentación de solicitudes para optar aos Campamentos de Verán que organiza o Concello e que este ano ofertan un total de 25.256 prazas- 3.100 máis que o pasado verán e o número máis alto da historia-.

O prazo estará aberto ata o vindeiro 31 de maio e as solicitudes so poderán presentarse por vía informática entrando en verán.xuventudedevigo.org. No caso de non ter acceso a Internet ou precisar de axuda, hai persoal de apoio e ordenadores dispoñibles na Casa da Xuventude.

En total haberá 4.000 prazas en campamentos urbanos e actividades deportivas e máis de 21.000 de actividades de ocio infantil e xuvenil. Este programa, organizado desde as concellerías de Xuventude, Deportes e Política Social, ofrece propostas para todas as idades, a partir dos 4 anos que deben de cumprir o requisito de estar enpadroados en Vigo. O orzamento do programa supera os 250.000€ , e o Concello subvenciona case o 70% de cada actividade.

Coma indicou Abel Caballero, este ano incorporarase a praia de Alcabre e o Pavillón de Lavadores como novos espazos, aos que se suman outros xa tradicionais como Vigozoo, os arenais da ETEA e Samil, os pavillóns da ETEA, Navia, Bouzas, Coia, Travesas, o complexo deportivo de Samil, Vigosónico, Liceo Marítimo de Bouzas e, finalmente, a Casa da Xuventude.

Os obxectivos son, segundo subliñou o alcalde, ofertar un tempo de ocio educativo dentro da cidade; favorecer o emprego e a participación xuvenil; facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral; potenciar a inmersión lingüística en inglés; educar no respecto ao medio ambiente; achegar a cultura marítima á mocidade, así como as actividades deportivas e de ocio que ofrece a nosa Ría.

Pechado o prazo para anotarse aos campamentos, a adxudicación será por sorteo e o 2 de xuño publicarase o listado definitivo de solicitudes e ese mesmo día, ás 12:00 horas, se realizará o sorteo, que será público. O día 3 coñecerase o primeiro listado de adxudicatarios e o primeiro listado provisional de vacantes.

Entre o 3 e o 7 de xuño se formalizarán as inscricións e o 10 de xuño se publicará un listado definitivo de vacantes (12,00h). A partir dese momento e ata as 14,00 do día 12, se poderá solicitar algunha desas prazas, tamén de forma telemática. Se e a partir dese momento houbera aínda vacantes, abrirase un terceiro prazo de inscrición a partir do 17 de xuño que xa será con adxudicación directa na Casa da Xuventude.

También te puede interesar