Galicia

Aberto o prazo para solicitar a prórroga das axudas da Xunta ao alugueiro

A Xunta de Galicia destinará 2,6 millóns de euros a axudas ao alugueiro, tal como establece a orde que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG) e pola que se fixan as bases para ditas axudas e se convocan para a anualidade de 2017.

Poderán beneficiase da prórroga das axudas de alugueiro as persoas que obtiveran unha subvención ao amparo da convocatoria de 2015 e que gozaran desta axuda ata o 31 de decembro de 2016, así como aquelas outras persoas ás que se lles recoñecera con posterioridade unha prórroga desta axuda en virtude da Orde do 18 de xullo de 2016.

Requisitos

Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos para beneficiarse das axudas hoxe convocadas:

  1. Que sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda e, á súa vez, esta constitúa a súa residencia habitual e permanente.
  2. Que o límite de ingresos da súa unidade de convivencia non exceda de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
  3. Que as persoas membros da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  4. Que non estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  5. Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada non supere os seguintes límites: 600€ , se a vivenda está situada nalgún dos seguintes concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra; 500 €, se a vivenda está situada nalgún dos seguintes concellos: Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo; Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro; Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia; A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; 400 €, se a vivenda está situada en calquera outro concello de Galicia.

O importe da axuda poderá será do 40% do prezo do alugueiro, cun límite máximo de 2.400€ e poderá acadar as doce mensualidades de 2017, pero non poderá ser superior a recoñecida inicialmente.

A partir deste venres, día 19, os interesados dispoñen de trinta días naturais para solicitar a prórroga das súas axudas.

También te puede interesar