Cultura Vigo al día

Parabéns, Carlos

Galicia lembra este mércores, Día das Letras Galegas, a vida e a obra de Carlos Casares (Ourense 1941-Nigrán 2002) con centos de actos nas vilas de Galicia e que abranguen lecturas e representación das súas obras, exposicions-incluindo unha fotográfica con instantáneas tomadas polo propio Casares, en Nigrán- concertos, declaracións institucionais, coloquios, mesmo unha concentración de motos.

Aínda que hoxe é o centro dos actos adicados ao autor, este 2017 será o ‘Ano Casares’ para Galicia no que hai previstas ducias de actividades e iniciativas para achegar a figura do escritor a todos os eidos.

En Compostela, os actos das Letras Galegas escomezaron onte coa lectura de parte da obra de  Casares, feita polos veciños-un acto semellante ao que se desenrolará no Porriño e no que participa a alcaldesa- seguida da actuación da Banda Municipal de Música, a representación de ‘A Galiña Azul’ no Teatro Principal, actuacións musicais e unha visita polos lugares relacionados co escritor.

Compostela acolle, tamén, a manifestación convocada por ‘Queremos Galego’ que sairá da Alameda baixo o lema  ‘En galego sen límites’.

Pontevedra, á marxe dunha programación que durará todo o ano, realizará unha alfombra de flores e un acto de homenaxe coa actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, o Coro da Asociación Sociocultural do Burgo e a Banda de Música.

En Vigo, o Auditorio Municipal acollerá o concerto das ‘Letras Galegas’, da Orquestra Clásica de Vigo en homenaxe a Carlos Casares e a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece una exposición coas principais obras do escritor e  unha mostra de carteis que lembran o Día das Letras Galegas doutros anos e que estará aberta ata o vindeiro día 31.

También te puede interesar