Ciencia y Tecnología Vigo al día

2.500 escolares participaron en Vigo no Correlingua 2017

Arredor de 2.500 escolares vigueses participaron hoxe na edición 2017 do Correlingua, que nesta ocasión tivo que celebrarse no pavillón das Travesas a causa da choiva.

O lema deste ano foi “En galego, sen cancelas” e a música correu a cargo de Cé Orquestra Pantasma e do grupo gañador do Cantalingua, Biribirlocke. Tamén se entregaron premios e agasallos aos centros educativos participantes. O encargado de conducir o acto foi Luís O Caruncho.

También te puede interesar