Comarcas

Todo listo para a X ‘Andaina Concello de Salceda’, incluída na Copa Galega de Andainas

O vindeiro sábado 20 de maio,  Salceda de Caselas acollerá a décima edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello, ofrece tres alternativas de participación, podendo elexir 30, 33 ou 50 quilómetros.

A saída realizarase dende o centro cultural ás 9 da mañá, na parroquia de San Estevo de Budiño, e percorrerá diversos puntos do entorno natural do municipio así como dos concellos limítrofes, destacando as sendas e as áreas de lecer.

Para poder participar na andaina, é preciso inscribirse a través da páxina web www.aforna.org, abonando un prezo de 10 € para os socios e/ou federados e 12 para os non socios e/ou non federados. O prezo inclúe os diferentes avituallamentos que se disporán ao longo do percorrido, así como o xantar final no centro cultural.

As previsións, en base aos anos anteriores, son de que centos de persoas se acheguen a participar nesta proba, que ademáis da xeografía natural do Concello de Salceda, pasará tamén por puntos dos Concellos veciños de Tui e O Porriño.

“Estamos a falar dunha andaina coas mellores críticas tanto a nivel organización como a nivel de interese natural e de elección de percorrido”, sinalan dende a o Concello, engadindo que esta edición incluirá novos tramos de grande interese natural, como a subida ao Monte Aloia, que sen dúbida suporá un reto para as persoas participantes.

Segundo subliña o alcalde, Marcos Besada, “estamos ante unha nova oportunidade que Salceda non vai desaproveitar para abrir as portas do noso municipio nunha cita que se está a converter xa en referente neste tipo de probas. Os participantes nesta andaina poderán disfrutar das nosas paisaxes e das áreas que con tanto esforzo estamos a recuperar e a poñer en valor para o desfrute de veciños e visitantes”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.