Galicia

@Xunta abre este martes o prazo de solicitude de axudas do Plan Renove de instalacións eléctricas

No marco da terceira edición do Plan de Vivenda, a Consellería de Economía, Emprego e Industria activa unha nova convocatoria de axudas para a renovación de instalacións eléctricas comúns dirixida a comunidades de propietarios e a titulares de inmobles de uso residencial.

A través desta convocatoria, a previsión é chegar a 400 edificios e mobilizar ao redor de 3,2 millóns de euros no sector, ao tempo que se mellora a seguridade e a eficiencia enerxética nos fogares galegos.

Esta convocatoria, que se activa por primeira vez, ten un orzamento de 800.000€, e o prazo para presentar as solicitudes para esta orde de axudas para particulares comeza este martes, 2 de maio, e rematará o 1 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito, xa que a convocatoria será por concorrencia non competitiva, polo que as axudas se outorgarán por orde de presentación a todo solicitante que cumpra os requisitos.

A axuda poderá alcanzar os 150€ por punto de subministración cun máximo de 3.000€ por edificio ou o 25% do custo total da instalación. A axuda está dirixida a inmobles de uso residencial de máis de 25 anos e con dúas ou máis vivendas, incluída a reforma das instalacións de enlace (dende a caixa xeral de protección ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios), a toma de terra, o cadro de servizos comúns e as instalacións correspondentes aos servizos xerais do edificio. Tamén inclúe a substitución de pulsadores e interruptores convencionais por detectores de presenza.

O Plan Renove de Instalacións Eléctricas enmárcase dentro do Plan de Vivenda 2017, que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética nos fogares galegos. Deste xeito, as familias poden aforrar custos na factura enerxética, ademais de mellorar a súa calidade de vida, potenciar o uso de enerxías renovables autóctonas e diminuír as emisións de CO2. No caso concreto do Plan Renove de Instalacións Eléctricas Comúns permite incorporar medidas de aforro no sector doméstico, responsable de máis do 20% do consumo de enerxía eléctrica da comunidade.

O Plan de Vivenda cumpre a súa terceira edición e a previsión é que para este ano conte cun orzamento total de 8,7 millóns de euros, un 10% máis que en 2016. Consta de dous campos de actuación: o uso de fontes de enerxía renovables a través do impulso da xeotermia, a solar térmica e aerotermia e a biomasa; e a mellora das infraestruturas para que os galegos dispoñan de construcións máis eficientes.

Ademais do Plan Renove de Instalacións Eléctricas Comúns, inclúense neste apartado a renovación de fiestras, o Plan Renove de Ascensores e outros programas que se convocarán ao longo deste ano como o acondicionamento de cubertas con tella ou lousa, e a rehabilitación de fachadas con granito.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.