Sucesos

Controlados, non extinguidos, os lumes de Ribadavia, Bande e Folgoso que quiemaron máis de 180 hectáreas

Segundo informa a  Consellería do Medio Rural, os incendios que se declararon nos concellos de Ribadavia e Bande, na provincia de Ourense, e Folgoso do Courel, na de Lugo, están controlados- non apagados-dende a noite deste domingo.

O de Ribadavia, que empezara na parroquia de San Domingos, xa arrasou 100 hectáreas-dacordo cos datos provisionais-e as chamas están controladas dende as 5 da mañá de hoxe grazas ao traballo de seis axentes, sete brigadas e seis motobombas.

Preto das 9 e media tamén estaba controlado o lume de Bande, que, ata o dagora, quiemou unhas 30 hectáreas de monte na parroquia de Carpazás, onde seguen loitando contra o fogo 7 axentes, 9 brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Pasadas as 7, tamén estaba controlado-ainda que non se apagara aínda- o lume que arrasou 50 hectáreas de superficie arbórea na parroquia de Seoane, no concello lucense de Folgoso. Na zona seguen catro axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 2 avións.

 

También te puede interesar