RGPD - Cookies
Galicia

Un de cada cinco galegos está en risco de pobreza

Dacordo coa Enquisa de Condicións de Vida, que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia, a renda por familia situouse en 25.980€, logo dun aumento do 1,4% o ano 2015, logo dun aumento do 1,4%, fronte ao 2,4% do Estado.

As familias vascas son as que máis disponen, 34.054€, seguidas das navarras-, 33.167-, madrileñas, -31.370- e catalanas,-31.339€-; pola contra, as rendas máis baixas son as das familias de Extremadura -21.671€-, Andalucía -21.966- e Murcia -22.425€-.

Por persoa, os ingresos no conxunto do Estado achegáronse aos  10.708€, mentres que en Galicia foron de 10.439€.

Á vista destes datos, a taxa de pobreza en Galicia é do 19%, o que supón que casi un de cada cinco galegos está en risco, fronte ao 22,3% do conxunto de España. Pola contra en  Navarra e Euskadi País Vasco, este índice é do 9%, mentres que en Canarias é do 35% e do  35,4% en Andalucía.

También te puede interesar