Vigo al día

A Asociación Veciñal demanda o asfaltado de varias avenidas, rúas e camiños de Teis

A Asociación Veciñal de Teis dirixiuse por escrito ao longo do ano 2016 e o pasado mes de marzo, a Concellería de Fomento, reclamando o asfaltado de varias rúas e camiño de Teis, “debido ao mal estado de conservación do firme, sen até o de agora recibir ningún tipo de resposta”.

Dende a Asociación demándase o asfaltado da Avenida de Dona Fermina, rúa Julian Estevez, Avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos e Purificación Saavedra, incluíndo o estacionamento público.

“O estacionamento público da rúa Purificación Saavedra,  presenta un número importante de fochancas de gran tamaño. Esta situación xa foi denunciado en varias ocasións desde xullo de 2016. Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía”.

Ademáis, os veciños denuncian que no caso da avenida de Dona Fermina, xa o goberno municipal, anunciou o seu asfaltado o 7 de xaneiro de 2015, e “despois de case dous anos, aínda estamos agardando, polo asfaltado desta vía”.

A xuizo da Asociación, é necesario elaborar un plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, que inclúa como mínimo os vías indicados entre outros.

También te puede interesar