Galicia

Persoal do 112 Galicia alerta de que a nova sede da Estarad está «colapsada» e mesmo teñen que chamar ao exterior con teléfonos móbiles

Mentres o Goberno de Galicia asegura- como publicou este domingo vigoalminuto- que todo funciona sen problemas na nova sede do 112 Galicia na Estrada, os representantes do comité do 112 e outros servizos de emerxencias-entre eles persoal do 061, da plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, da Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (Asgate) e da Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (Tesgalicia)- aseguran que a nova central está «colapsada«.

Isabel Moares, presidenta do Comité de Persoal, ven de denunciar que a Dirección Xeral de Emerxencias, que depende do Goberno galego, «pasa por enriba de todo e de todos, márcanos uns servizos mínimos ilegais, do 100%, sáltase un auto dun xuíz; e criminaliza a actitude dos traballadores perseguindo e acosando ao persoal».

Moares lembra que os membros do 112 de Galicia son os mesmos que «fixeron fronte á vaga de lumes do 2006, ao Prestige e ao accidente do Alvia, e sacaron o traballo adiante».

Agora, subliñou, están “superados e frustrados», porque, “esta é a realidade, o programa está colapsado e a plataforma informática non funciona, mesmo temos que facer chamadas ao exterior a través de teléfonos móbiles».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.