Vigo al minuto

Vigo a cidade do Estado que paga antes as súas facturas

O Ministerio de Facenda vén de publicar os datos de pagamento a provedores relativos ao primeiro trimestre de 2017 que certifican, en palabras do alcalde, que Vigo é a primeira cidade do Estado en prontitude de pago entre aquelas que teñen máis de 75.000 habitantes.

“Somos os mellores pagadores de toda España e é unha satisfacción porque tamén temos a presión fiscal máis baixa de Galicia e probablemente sexamos a única cidade de Europa con débeda cero, o que sinala un perfil certamente notable e quero transmitirllo á cidadanía”.

Para Abel Caballero este é un tema importante porque implica “xeración de emprego por parte das empresas que traballan cos concellos, coas comunidades autónomas e co Goberno de España” xa que, tal e como expuxo, se aboan pronto as súas facturas, as empresas reciben liquidez para aguantar mellor a situación económica e “en Vigo somos os primeiros, pagamos en menos 12 días desde a recepción da factura”, habendo 30 días para aboalas.

O alcalde comparou este dato co doutras administracións, sinalando que a Xunta paga en 20 días máis que o Concello, que o de A Coruña tarda 3 días más, 6 máis Madrid, mentres ue a media da administración central é de máis de 23 días e a media das corporacións locais é de 60 días.

También te puede interesar