Sucesos

Seguen activos os incendios de Cervantes, que queimou xa 40 hectáreas, e Carballeda de Valdeorras, con 137 arrasadas

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, segue activo o lume que empezou na parroquia de Vilaspasantes, no concello lucense de Cervantes, ás 01:45 horas desta madrugada, con cinco focos que en total suman unhas 40 hectáreas, segundo estimacións provisionais. No seu control traballan 3 axentes, 9 brigadas e 5 motobombas.

Ademáis, está controlado-non pagado- o último foco dos rexistrados no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro. Neste lume houbo ata seis focos simultáneos, que segundo as últimas estimacións provisionais afectaron en total unhas 137 hectáreas de monte raso.

O resto dos puntos de lume quedaron extinguidos arredor das 9 da noite de onte. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 1 técnico, 13 axentes, 28 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.