Galicia

514.907 galegos vacináronse contra a gripe e 130 morreron a causa desta enfermidade

O número de doses da vacina antigripal administradas á poboación galega ascendeu na última campaña a 514.907, o que supón 29.314 máis que na campaña anterior, é dicir, un 6% máis, consolidando así a tendencia dos últimos anos.

Por grupos, 370.540 destas vacinas corresponderon a persoas de 65 ou máis anos; 38.832 administráronse a persoas de 60 a 64 anos; e 105.535 foron para persoas de menos de 60 anos.

O número de persoas de 65 ou máis anos vacinadas aumentou en preto dun 4%, mantendo a súa tendencia ascendente dende o ano 2013. Se se analiza por subgrupos de idade acadáronse coberturas máis elevadas nas persoas de 75 ou máis anos, achegándose ao obxectivo -do 65%- e incluso superándoo nas provincias de Lugo e Ourense. Pola súa banda, nas persoas de 60 a 64 anos a cifra de vacinados foi arredor dun 10% superior á do ano pasado.

No que atinxe aos profesionais sanitarios, este foi o grupo onde máis melloraron os resultados, cunha cobertura do 33,45%, moi preto do obxectivo marcado para este sector -do 35%-. No eido da atención primaria vacináronse 2.432 persoas, o que supón un incremento do 25,24% con respecto á temporada anterior. En atención hospitalaria o aumento foi aínda maior, xa que se vacinaron 4.087 persoas, un 52% máis que na última campaña.

A campaña de vacinación desenvolveuse entre o 24 de outubro e o 23 de decembro do  ano pasado, período considerado óptimo para acadar unha cobertura adecuada de protección vacinal antes de que o virus comezase a circular.

O seu obxectivo principal foi minimizar o impacto en saúde da doenza na poboación mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela.

Neste sentido, a vacina reduce a incidencia desta enfermidade e, moi especialmente, diminúe a frecuencia de complicacións secundarias e o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe nas persoas maiores, con ou sen condicións médicas de risco, e noutras persoas con patoloxías previas.

O número de persoas falecidas nesta campaña por mor da gripe foron un total de 130; deles, todos tiñan a vacina indicada, pero máis dun terzo non a recibiran.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.