Vigo al minuto

O Concello aproba a contratación do aparcamento gratuíto do Cunqueiro por 538.000€

O Goberno Local vén de aprobar a clasificación de ofertas para a contratación das obras do aparcamento público en terreos de titularidade municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, de xeito que a empresa Misturas S.A será a encargada de acometela cunha proposta de 538.000€.

Tal e como contempla o proxecto do Concello, a obra supoñerá dotar ao centro hospitalario de 400 prazas aproximadamente de aparcamento gratuíto nunha parcela adxacente que “se utilizará para a cidadanía de Vigo”, segundo explicou este venres o alcalde.

Ademais, deuse luz verde ao proxecto de convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnas e alumnos de Vigo e comarca (FOANPAS) pola que o Concello dedica 606.000€ para a prestación do servizo de comedor.

Caballero explicou que serán para “as bolsas de comedor de nenas e nenos cuxos pais non teñen recursos para pagalo”, criticando que a Xunta de Galicia non asume esa competencia como lle corresponde.

También te puede interesar