O Goberno Local vén de aprobar a clasificación de ofertas para a contratación das obras do aparcamento público en terreos de titularidade municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro, de xeito que a empresa Misturas S.A será a encargada de acometela cunha proposta de 538.000€.
Tal e como contempla o proxecto do Concello, a obra supoñerá dotar ao centro hospitalario de 400 prazas aproximadamente de aparcamento gratuíto nunha parcela adxacente que «se utilizará para a cidadanía de Vigo», segundo explicou este venres o alcalde.
Ademais, deuse luz verde ao proxecto de convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnas e alumnos de Vigo e comarca (FOANPAS) pola que o Concello dedica 606.000€ para a prestación do servizo de comedor.
Caballero explicou que serán para «as bolsas de comedor de nenas e nenos cuxos pais non teñen recursos para pagalo», criticando que a Xunta de Galicia non asume esa competencia como lle corresponde.
