Vigo al día

Velorio pola Cultura de Galicia e pola situación do MARCO, este venres en Vigo

A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia convoca un Velorio pola Cultura diante do MARCO de Vigo para este venres ás 8 da tarde. A entidade amosa a súa preocupación polo futuro do museo vigués e, de forma xeral, polas “políticas culturais da nosa comunidade“.

A acción consistirá nunha xuntanza en silencio de persoas vestidas de negro, sen faixas nin berros, nin símbolos nin slogans, “será un velorio por unha cultura á que se está deixando morrer”, sinala a asociación, que integra a creadores de toda Galicia.

También te puede interesar