Vigo al minuto

#ReconquistaVigo os actos seguen este xoves co ‘Desfile da Reconquistiña’ polo Casco Vello

Este xoves, día 30 darán comezo as Festas da Reconquista 2017 co 3º ‘Desfile Infantil da Reconquistiña’, no que participarán, dende as 10 e cuarto da mañá, alumnos e alumnas de seis colexios da cidade, que sairán dende a Praza da Pedra e percorrerán ás rúas do Casco Vello ao son dos tambores que eles mesmos fabricaron.

O desfile segurá por Teófilo Llorente, Rúa Real, Rúa da Palma, Rúa Triunfo, Praza Constitución, Porta do Sol, Rúa Príncipe, Porta do Sol, Praza Princesa, Rúa Joaquín Yañez, Rúa Real, Praza do Berbés. Ao rematar no Berbés os participantes serán agasallados con chocolate e pasteis e asistindo á actuación de ‘Cé Orquestra Pantasma’ para rematar  arredor da 1 da tarde.

Esta actividade empezou no mes de outubro cando Casco Vello convocou o concurso de carteis da Reconquista Infantil resultando gañador o presentado por Nair Núñez Sánchez e Isabel Cabello Cañas convertíndose no cartel oficial da Reconquista Infantil.

También te puede interesar