Comarcas

Segue aberto o prazo para a presentación de solicitudes ao programa Depo en Marcha

Ata o vindiero martes, día 21, está aberto o prazo para presentar as solicitudes ao programa «Depo en marcha», da Deputación de Pontevedra, que está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no eido das persoas maiores.

Este programa ten por finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros, optimizando as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Cada obradoiro terá unha duración de 30 horas e para a súa realización, antes do inicio, cada entidade acreditará que o 70 % do alumnado ten 50 anos ou máis e que conta cun mínimo de  15 persoas participantes.

En función da acción formativa as persoas participantes deberán achegar o material recollido no catálogo como «Materiais que levará o alumnado». Cada obradoiro terá un custo de 6€ por persoa.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrou  que o ano pasado participaron no programa preto de 4.000 persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.