Galicia

Operarios e máquinas da Deputación de Lugo traballan para retirar a neve en O Courel, Pedrafita e Cervantes

A Deputación de Lugo mantén en funcionamento o plan de actuación do inverno para facer fronte á acumulación de neve en varias estradas da montaña lucense. En total, 10 operarios e máquinas traballas en varios concellos da montaña nos que hai entre 5 e 10 centímetros de neve acumulada.

Os labores abranguen estradas das zonas de O Courel, Pedrafita e Cervantes de xeito que todas as estradas provinciais seguen abertas ao tráfico.

También te puede interesar