RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es aproba a concesión de 200.242€ a Cerdedo-Cotobade para a contratación de 22 persoas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a oitava concesión de subvencións, nesta ocasión por un total de 200.242,24 €, no marco da liña 3 de emprego do Plan Concellos 2017. Esta cantidade será destinada ao concello de Cerdedo-Cotobade para que poida contratar a 22 persoas.

Carmela Silva sinalou que “con estas achegas, a institución provincial leva xa investidos en pouco máis de dous meses un total de 7.065.942,39 €, o que supón 0 76,22% da liña 3 do Plan Concellos 2017”. Silva amosou a súa satisfacción “polo avanzada que está a concesión da liña 3 do Plan Concellos”, grazas á cal “a día de hoxe xa se crearon 920 postos de emprego en 50 concellos da provincia de Pontevedra” que suporán a garantía e o mantemento dos diversos servizos municipais destas vilas.

Esta aprobación súmase ás achegas realizadas con anterioridade para os concellos de Catoira, Forcarei, Gondomar e O Grove, nos que se procedeu á contratación de 67 persoas.

Segundo indica a Deputación, este ano a achega total á liña 3 do Plan Concellos 2017 está situada en 9.270.000 €. Esta cifra supón o 22,5% da totalidade do Plan que, neste exercicio, conta con 41,2 millóns de euros, o que se traduce nun 3% máis que o ano pasado.

También te puede interesar