Vigo al minuto

Empeza a unha nova humanizacion de Castelao e a primeira parte do carril bici da Avenida de Europa

O alcalde visitou este xoves unha nova fase da humanización da Avenida de Castelao, no treito comprendido entre as rúas Porriño e Redondela, na que se invistirán 250.000€.

O Concello, segundo os datos ofrecidos por Abel Caballero, está a actuar sobre 400 metros de rúa, renovando tanto beirarrúas como 800 metros de canalizacións soterradas de saneamento e abastecemento de auga. A humanización contempla 37 árbores, papeleiras e xardineiras, unha mellora «como corresponde a esta zona e para continuar coa humanización de toda a zona de Coia», en verbas de Caballero.

Na mesma zona, a Xerencia de Urbanismo deu luz verde á contratación da redacción dun proxecto de expropiación e construción dunha beirarrúa con carril bici na marxe esquerda da Avenida de Europa.

Cun orzamento de 45.000€ o Concello inicia a primeira parte do carril bici que, cun orzamento de 2,6 millóns, se estenderá ao longo de dez quilómetros entre Samil e Teis, pasando por Camelias, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e a Avenida de Bos Aires. A este respecto, Caballero avanzou en rolda de prensa a posibilidade de construír máis carrís para bicicletas, se o que está en marcha funciona ben.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.