Destacados

@ardelucus, a festa popular máis importante de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional

Arde Lvcvs, que se celebrará este ano os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo na cidade de Lugo,  vén de ser declarado Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

A meirande festa popular de Galicia que a pasada edición reuniu a máis de 600.000 visitantes, xa fora declarada de interese turístico galego no ano 2011, acadando agora, xusto nos 5 anos despois de que se puidera solicitar esta distinción, o recoñecemento nacional.

“Hoxe é un día importante, non só para o Concello, senón tamén para todos os veciños e veciñas, pola súa implicación con estes festexos»; asegurou Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, quen subliñou , a importante proxección que lle dará á cidade esta nova distinción, “unha ventá aberta de Lugo»; pola cal agora o municipio ten dúas grandes festas que compartir: o Arde Lucus e o San Froilán».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.