Galicia

O Goberno prohibirá este venres plantar pataca en 31 concellos de Galicia afectados pola praga da couza guatemalteca

O Consello de Ministros aprobará este venres o decreto polo que se prohibirá a plantación de patacas nos concellos afectados pola praga da couza guatemalteca, 31 deles en Galicia, en zonas de Ferrolterra e A Mariña.

O Goberno contempla indemnizacións para aqueles que xa plantasen en municipios infestados pola couza e estean inscritos no rexistro aberto pola Xunta, pero Unións Agrarias alerta de que esas indemnizacións non abranguen o lucro cesante, o cal é “unha inxustiza para aquelas persoas que fixeron ben as cousas”.

As patacas plantadas en zonas coa Praga-nas que non se poderá prantar en dous anos- serán arrincadas por técnicos e procederase á súa destrución de forma segura, mentres, haberá axudas de un 30 céntimos de euro por quilo sementado.

Unións Agrarias pide a creación dunha mesa de seguimento da crise da pataca e  agarda que as medidas que se tomen, ademáis de aumentar o control en almacenistas e transportistas, sexan efectivas, de forma que se poida erradicar a couza en 2 anos, e evitar que chegue ás zonas da Limia e Bergantiños.

Segundo as estimacións do sindicato, a produción de pataca en Galicia é de máis de 400 millóns de quilos, a metade para autoconsumo, e máis de 1.000 familias viven deste cultivo.

También te puede interesar