Galicia

Preto de 170.000 galegas cobran menos de 650€ ao mes

169.353 galegas cobraban igual ou menos que o salario mínimo interprofesional en 2015- daquela estaba en 648,6€ ao mes-  unha cantidade que, segundo Comisións Obreiras sinala que existe «pobreza salarial» e unha grande desigualdade salarial de xénero que vai en aumento.

A responsable da área de muller de CCOO, Mabel Pérez, esixiu ao Goberno de Galicia que elabora e aplique un plan feminino de emprego, que identifique onde están as carencias e oriente a formación laboral das galegas.

Coma anticipo do ‘Día da Muller’ o vindeiro 8 de marzo, Comisións presentou o seu estudo sobre a situación laboral das galegas que, entre outros datos reflicte que as galegas cobran un 22,1% menos que os galegos realizando o mesmo traballo.

O informe tamén recolle os últimos datos da Axencia Tributaria que indican que o 36,34% das galegas teñen ingresos inferiores aos 650€ ao mes, o que , insiste o sindicato, quere dicir que hai máis traballadoras pobres.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.