RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Interceptadas dúas motos en Lugo circulando a 194 e 212 quilómetros por hora

A Garda Civil de Lugo interceptou, en menos de 20 minutos, nun control, a dúas motocicletas circulando a 194 e 212 quilómetros por hora na estrada N-120 ao seu paso por Sober, superando en máis de 80 quilómetros por hora a velocidade permitida.

O radar do punto quilómetro 528,5 da estrada N-120, mediu á primeira das motos ás 15:51 horas a 194 quilómetros por hora e a segunda, que levaba un ocupante, ás 16:09 horas a 212 quilómetros por hora.

A patrulla da Agrupación de Tráfico, pertencente ao Destacamento de Monforte de Lemos, realizaba un control de velocidade sentido Ourense.

También te puede interesar