Cultura

@depo_es aproba a segunda convocatoria de subvencións para entidades sociais da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda convocatoria das subvencións para entidades sociais da provincia de Pontevedra que leven a cabo proxectos, programas e actividades para a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a prevención da violencia de xénero na provincia.

A presidenta da institución provincial subliñou que “se trata da segunda convocatoria deste tipo de subvencións, o ano pasado puxemos en marcha a primeira, que eran inexistentes ata que se constituíu este novo goberno provincial, ao igual que era inexistente o servizo de igualdade”. Tamén engadiu Carmela Silva que “fronte ós recortes do Goberno de Galicia e do Goberno de España en materia de igualdade nós apostamos por crear un servizo de igualdade e por incrementar o orzamento para apoiar proxectos a favor da igualdade en todos os ámbitos da vida social, política, económica e cultural e da prevención da violencia machista”.

En concreto, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, poderán optar a estas achegas aquelas entidades sociais sen ánimo de lucro que presenten proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; programas de atención integral a vítimas de violencia machista, fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo; proxectos e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; programas e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; iniciativas encamiñadas á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.

As entidades que presenten a solicitude, cuxo prazo rematará en 30 días naturais contados a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), poderán optar a unha subvención máxima de 6.000 €.

A estas achegas,aprobadas esta semana, hai que sumar os 200.000 € que a institución provincial puxo en marcha xa para os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes que leven a cabo actividades para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.